|
Amazon vende 180 e-books por cada 100 libros en tapa dura. |
|
As vendas de libros electrónicos en Amazon están a ser todo un éxito, e para ilustrar o seu bo funcionamento comercial dende a compañía de Jeff Bezos fixeron un comunicado oficial dende o que aseguran que xa venden máis e-books que libros de tapa dura, o que sumando ao feito de que o lector Kindle leve 2 anos liderando as vendas na mencionada tenda virtual. Bezos asegura que grazas á última baixada de prezo do Kindle 2 ata 189 dólares «o número de unidades vendidas triplicouse». No tocante ao impresionante volume de vendas de e-books nos EE.UU. habería que indicar que no catálogo da Kindle Store hai máis de 630.000 títulos, entres os que non faltan novidades e 106 dos 110 best sellers que figuran no New York Times, o que sumado ao seu atractivo prezo (máis de 510.000 e-books custan 9,99 dólares ou menos). Dende o Kindle tamén é posible acceder a máis de 1,8 millóns de libros gratuítos publicados antes de 1923 (e libres de dereitos de autor). No último trimestre, por cada 100 libros en tapa dura vendidos en Amazon conseguiron vender 143 e-books, mentres que no último mes tal cantidade subiu a 180 e-books por cada 100 libros impresos con tapa dura, o que reflicte unha tendencia indiscutible, que parece confirmar que os lectores máis activos están a mudar ao libro electrónico nos EE.UU., especialmente pola boa oferta de contidos dese mercado, mentres que en España iniciativas coma Libranda non fan outra cousa que intentar evitar o éxito dos novos soportes mantendo unha estrutura de distribución obsoleta e impondo dificultades innecesarias aos lectores (como a imposición dunha protección DRM que impide a lectura dos textos adquiridos en multitude de dispositivos). Fonte: Código Cero. |